A moeda de Ribadeo

Faite co teu moedeiro PANCHAPETO do 9 de setembro ao 31 de decembro de 2024

Por cada 30€ dámosche 40 Panchas (ata un máximo de 400 Panchas)

Pancha: A Moeda de Ribadeo

Un ano máis, o Concello de Ribadeo continúa impulsando a nosa moeda local, a Pancha, para apoiar o noso comercio e hostalaría!

Nesta emocionante quinta edición, poderás canxear as túas Panchas desde o 9 de setembro ao 31 de decembro de 2024. Non deixes escapar esta oportunidade única e asegura as túas Panchas antes de que se esgoten!

Ao adquirir Panchas, estás a contribuír ao fortalecemento da nosa comunidade e, ao mesmo tempo, a descubrir o verdadeiro valor da moeda local. Cas túas Panchas, estarás a obter un valor adicional que fará que os teus cartos rindan máis, beneficiándote ti mentres axudas a manter a economía local.

Que é isto da moeda local de Ribadeo?

Trátase dun moedeiro dixital, o PanchaPeto que deberás encher coa nosa moeda local, a Pancha.

Tés que cambiar como mínimo 30 euros polo que obterás 40 Pchs (cun valor nominal de compra de 40 euros)

Lembra 1 € = 1 PCH.

Co PanchaPeto poderás cambiar ata un máximo 300 euros, polos que obterás 400 Panchas para comprar nos establecementos adheridos á campaña. Os cambios irán en fraccións de 30 ata un máximo de 300€

Quen pode cambiar os euros por Panchas?

Todas as persoas maiores de 18 anos con cidadanía ou permiso de residencia legal no estado español.

Que é isto do PanchaPeto?

Trátase dun moedeiro dixital que poderás encher ata un máximo de 300 €, polos que recibirás 400 PCH.

Poderás pagar co teu moedeiro dixital en todos os establecementos de comercio e hostalaría adheridos á campaña. Cada vez que pagues co teu PanchaPeto, o teu moedeiro actualizarase.

Non existe un mínimo de compra, pero só se poden gastar un máximo de 150 PCHS en cada compra. A partir desa cantidade deberás aboar a diferencia en euros.

Faite coas túas PCH para mercar no comercio de proximidade, hostalaría e servizos de Ribadeo.

QUERO O MEU PANCHAPETO

Como obter as túas Panchas?

Prazo: As panchas estarán dispoñibles e serán validadas desde o 9 de setembro ao 31 de decembro de 2024 ou ata esgotar o crédito se isto ocorre antes.

Lembra

– Paga coas túas Panchas nos establecementos adheridos. Non existe cantidade mínima pero si máxima que será 150 Pchs por compra. Se a compra ten un importe maior, terás que pagar en Euros.

– A Pancha non é canxeable por diñeiro en efectivo e non se devolverá o importe das mesmas en ningún caso.

– A Pancha non é válida para pagos de consumos de bebidas espirituosas.

– Poderás acceder á túa conta para realizar os cambios de euros por panchas ata un máximo de 300 euros polo que obterás 400 Panchas.

FAQ’S

Preguntas frecuentes

É a moeda local que pon en marcha a Área de Promoción Económica do Concello de Ribadeo en colaboración coa Xunta de Galicia e ACISA, para realizar compras nos establecementos ribadenses adheridos á campaña do 9 de setembro ao 31 de decembro de 2024, ou ata esgotar o crédito, se isto ocorrese antes.

1 Pancha (PCH) = 1 €

Gañas 10 € directos para gastar no comercio local adherido á campaña. Ti pagas 30 € polo teu pack de moeda local e recibes 40 Panchas (PCH) para gastar nos establecementos locais adheridos. Ademáis, con este xesto, apoias aos establecementos de Ribadeo!

Solicita aquí o teu Panchapeto, desde o día 9 de setembro ao 31 de decembro de 2024 ou ata fin de existencias.

O pack de Panchas tén un custo de 30€ e dará á persoa portadora do mesmo un valor de 40 Panchas para o seu consumo exclusivo nos comercios de Ribadeo adheridos á campaña.

30 € = 40 PCHS.

Si, poderanse adquirir ata un máximo de 300 euros en Panchas, polos que se obterán 400 PCHS.

Si, as Panchas poderán utilizarse nos comercios adheridos á campaña entre o 9 de setembro ao 31 de decembro de 2024 (ambos incluídos). Transcorrido este prazo, as moedas locais perderán a súa validez como medio de pago.

Non, as Panchas non son canxeables por diñeiro en efectivo e non se devolverá o importe das mesmas en ningún caso.

Nos establecementos adheridos ao proxecto e que estarán identificados claramente cun distintivo da campaña ben visible. Tan só terás que amosar o teu código QR para pagar e o teu PanchaPeto actualizarase.

Non existe un importe mínimo de compra, poderás pagar en Panchas desde as túas compras ou consumicións máis pequenas, pero recorda que hai un máximo de 150 PCHS por compra.

O máximo por compra son 150 PCHS.

Ir al contenido