Adhesión e cobro da Pancha

Que preciso para adherirme si teño un establecemento físico permanente aberto ao público e situado en Ribadeo?.

Que preciso para adherirme?

01. Ter un establecemento físico permanente aberto ao público e situado en Ribadeo.

02. Levar a cabo unha actividade principal incluida nos epígrafes da convocatoria*.

03. Ser persoa empresaria autónoma, micropeme ou pequena empresa de conformidade coa definición do regulamento (UE) No651/2014 da CE.

*Detalles IAE.- Segundo a clasificación de pígrafes do IAE, poderán adherirse á campaña todos aqueles establecementos que estean dados de alta en algún dos seguintes epígrafes:

1.64 – Comercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco realizado en establecemento permanente (salvo epígrafe 647.5 -comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimentarios e bebidas en réxime de autoservicio ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas sexa igual ou superior a 300 metros cadrados; e epígrafe 647.5 -Subministro de produtos alimenticios e bebidas, excluido o tabaco, a través de máquinas expendedoras).

1.65 – Comercio polo miúdo de produtos industriais non alimenticios realizado en establecementos permanentes (salvo epígrafe 652.1 – Farmacias, comercio polo miúdo de medicamentos, produtos sanitarios e de hixiene persoal; epígrafe 655 – Combustibles, carburante e lubricantes; e epígrafe 658 – Compravenda de gando).

1.662 – Comercio mixto ou integrado polo miúdo.

1.971 – Lavanderías, Tinturerías e servizos similares.

1.9721 – Servizos de perruquería de donas e cabaleiros e 1.9722 Salóns de institutos de beleza. 1.9731 – Servizos fotográficos.

1.975 – Servizos de enmarcación.

1.981.2 – Xardíns de recreo nos que a entrada é por prezo
(A organización resérvase o dereito de poder modificar este detalle de IAE).

671 – Servizos en restaurantes.

672 – Servizos en cafeterías.

673 – De cafés e bares, con e sen comida.

676 – Servizos en chocolaterías, xeaderías e orchaterías.

677 – Servizos prestados polos establecementos clasificados nos grupos 671, 671, 673, 681 e 682 das agrupacións 67 e 68, realizados fóra de ditos establecementos. Outros servizos de alimentación das