Que preciso para adherirme si teño un establecemento físico permanente aberto ao público e situado en Ribadeo?.
Que preciso para adherirme?
1. Ter un establecemento físico permanente aberto ao público e situado en Ribadeo.
2. Levar a cabo unha actividade principal incluida nos epígrafes da convocatoria*.
3. Ser persoa empresaria autónoma, micropeme ou pequena empresa de conformidade coa definición do regulamento (UE) No651/2014 da CE.
*Detalles IAE.- Segundo a clasificación de pígrafes do IAE, poderán adherirse á campaña todos aqueles establecementos que estean dados de alta en algún dos seguintes epígrafes:
1.64 – Comercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco realizado en establecemento permanente (salvo epígrafe 647.5 -comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimentarios e bebidas en réxime de autoservicio ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas sexa igual ou superior a 300 metros cadrados; e epígrafe 647.5 -Subministro de produtos alimenticios e bebidas, excluido o tabaco, a través de máquinas expendedoras).
1.65 – Comercio polo miúdo de produtos industriais non alimenticios realizado en establecementos permanentes (salvo epígrafe 652.1 – Farmacias, comercio polo miúdo de medicamentos, produtos sanitarios e de hixiene persoal; epígrafe 655 – Combustibles, carburante e lubricantes; e epígrafe 658 – Compravenda de gando).
1.662 – Comercio mixto ou integrado polo miúdo. 1.971 – Lavanderías, Tinturerías e servizos similares.
1.9721 – Servizos de perruquería de donas e cabaleiros e 1.9722 Salóns de institutos de beleza.
1.9731 – Servizos fotográficos. 1.975 – Servizos de enmarcación.
1.981.2 – Xardíns de recreo nos que a entrada é por prezo (A organización resérvase o dereito de poder modificar este detalle de IAE).
671 – Servizos en restaurantes.
672 – Servizos en cafeterías.
673 – De cafés e bares, con e sen comida.
676 – Servizos en chocolaterías, xeaderías e orchaterías.
677 – Servizos prestados polos establecementos clasificados nos grupos 671, 671, 673, 681 e 682 das agrupacións 67 e 68, realizados fóra de ditos establecementos.
Outros servizos de alimentación das agrupacións 67 e 68 realizados fóra de ditos establecementos.
721.2 – Transporte por autotaxis.
963 – Exhibición de películas cinematográficas e videos. (A organización resérvase o dereito de poder modificar este detalle de IAE).